xurxodiz / decimus

Participación na Afonso X game jam 2021.

Geek Repo:Geek Repo

Github PK Tool:Github PK Tool

Decimus

Participación na Afonso X Game Jam 2021 do Consello da Cultura Galega.

Regras

Decimus é un xogo de dados que mestura os xogos descritos por Afonso X no seu Libro dos dados coas regras do Mus. O obxectivo é facer combinacións de dados que serán comparadas coas da rival nunha serie de apostas, e ter o maior número de puntos cando algunha xogadora iguale ou supere os trinta puntos.

Ao comezar a rolda, cada xogadora rolará en segredo os cinco dados. Se non está satisfeita co resultado, pode escoller os dados que desexe para volvelos a rolar e despois, de seguir descontenta, escoller e rolar unha vez máis. Despois diso, o resultado é final e comeza a fase de apostas.

As xogadoras apostarán a ver quen ten a mellor combinación en catro xogos diferentes:

  • Maiores: gaña quen teña a combinación de tres dados cuxa suma sexa máxima.
  • Menores: gaña quen teña a combinación de tres dados cuxa suma sexa mínima.
  • Un en dous: gaña quen teña dados máis pequenos tal que dous sumen outro.
  • Par con as: gaña quen teña a maior parella acompañada de as.

Nestes dous últimos xogos pode darse o caso de que unha ou as dúas xogadoras non teñan unha combinación válida. Cada unha terá que anunciar se ten combinación válida ou non. Se ningunha ten, o xogo non se puntúa. Se unha ten e a outra non, a primeira leva un punto inmediatamente. Noutro caso, ao igual ca en maiores ou menores, continúase coa seguinte parte da fase de apostas.

Comezando pola primeira xogadora, cada unha terá que escoller entre retirarse, pasar, ver ou apostar alternativamente:

  • Retirarse: a rival leva tantos puntos coma a última aposta da primeira xogadora. Se non houbo aposta previa, levará un punto.
  • Pasar: se non houbo apostas previas e ambas xogadoras pasan consecutivamente, o xogo resolverase na fase final con valor dun punto.
  • Ver: a aposta previa é aceptada e quedará pendente para resolver ao finalizar o resto dos xogos.
  • Apostar/Subir: establece unha aposta nova ou incrementa a actual, ante o que a outra xogadora poderá rexeitar, ver ou subir.

Unha vez establecidas as apostas finais dos catro xogos ambas xogadoras amosan os seus dados. Para cada xogo que quedase con apostas pendentes, determínase a gañadora segundo as regras do xogo e esta leva os puntos apostados. En caso de empate nas combinacións, a primeira xogadora é a gañadora.

Logo de resolver todas as apostas a rolda remata. Se algunha xogadora iguala ou supera os 30 puntos a xogadora con máis puntos gaña a partida. Se ningunha os supera ou ambas teñen os mesmos puntos comeza unha nova rolda, alternando a condición de primeira xogadora.

Créditos adicionais

Imaxes dos dados por Alice Design. A grabación da cantiga de Santa María pertence ao dominio público e reprodúcese superposta sobre os sons dun mercado grabado por Metzik. O son dos dados está básado nun de Mike Koenig.

Statements

About

Participación na Afonso X game jam 2021.

License:MIT License


Languages

Language:JavaScript 74.9%Language:CSS 9.5%Language:Less 8.2%Language:Mustache 5.5%Language:HTML 1.7%Language:Shell 0.1%Language:Makefile 0.1%